A viola mexicana é un instrumento de corda pulsada común nas agrupacións de mariachis. Diferénciase da viola española en que é redonda na parte posterior, ten cinco cordas e unha caixa de madeira, xeralmente de caoba.[1] Este instrumento fornece a base rítmica e unha liña harmónica de acordes con punteos resoantes nas citadas agrupacións.[2]